Faro Cabo Cee

Faro de Cabo Cee

Concello de Corcubión

Cabo Cee, ou Cabo C como tamén se coñece, permite observar unha impresionante panorámica de ría de Corcubión, e o Monte Pindo en fronte cos seus máis de 600 metros de altura.
O faro de cabo C (1860) aséntase nunha casiña de cen metros cadrados con tellado a catro augas. Sobre o muro sur da casa álzase a torre, de sección octogonal e case seis metros de altura, terminada polo pequeno balcón que alberga unha lanterna ao aire libre. É a luz que marca o abrigo da enseada de Corcubión fronte aos temporais cando a néboa apaga a luz do faro de Fisterra.