Mercado medieval

Mercado medieval

Concello de Corcubión

O mercado medieval é unha festa con gran fama en Corcubión e gran atracción de visitantes. Celébrase en xullo e é un dos mercados medieviais máis representativos de Galicia. Durante un fin de semana, a vila transfórmase e o pobo participa vestíndose con roupas de época e gozando de todos os postos de venda que enchen as rúas do núcleo histórico da vila. Cetrería, talleres de oficios diversos, teatro de rúa, música en vivo, concertos, espectáculos teatrais de gran formato, espazo para cativos/as, e a recreación do desembarco das tropas do Arzobispo De Lúa (ano 1457) na Praia de Quenxe