Museo Fernando Blanco

Museo-Colección da Fundación Fernando Blanco (antiga “escola das nenas”)

Concello de Cee

Dentro do patrimonio histórico-artístico da villa de Cee tamén destaca estoutro legado de don Fernando Blanco de Lema, claro exemplo da arquitectura civil do concello. A antiga “Escola das nenas”, como se coñece, está edificada sobre o solar de antiga casa natal do filántropo.

Y además …

Dende agosto de 2001 alberga a actual Exposición Permanente da Fundación Fernando Blanco, formada cunha parte dos fondos conservados pertencentes á propia Fundación. Entre eles destacan numerosos obxectos que formaron parte dos gabinetes de física, química, electricidade, bioloxía, etc. e que son comparables aos que podemos atopar en universidades como a de Santiago de Compostela ou Salamanca.