Pazo de Coton

Pazo de Cotón

Concello de Negreira

O complexo histórico-artístico máis significativo da vila é o formado pola capela de San Mauro (San Amaro) e o Pazo de Cotón. Este conxunto relixioso foi construído no XVIII, con estrutura de tres naves.
Esta fortaleza medieval sufriu importantes reformas, o que ofrece gran dificultade para definir as súas raíces medievais. Cabe destacar a gran cheminea e a galería de pedra que se pode apreciar dende a rúa principal, “Carreira de San Mauro”, antigo Camiño Real. Esta galería une as dependencias do Pazo coa Capela de San Mauro por medio da súa triple arcada de pedra.
No seu interior pódense apreciar unha ducia de escudos de armas de familias de nome en Galicia.

Y además …

É posible acceder ó Pazo durante A Feira do Románico que se celebra cada ano